Conxunto arquitectónico constituído por vivenda medieval, torre, pasadizo e soportal. A torre –que, xunto coa vivenda, pertenceu aos deáns da catedral– conserva o portal e corresponde á parte máis antiga, construída no século XIV. No século XV ampliouse coa construción do pasadizo gótico para engadir as cortes. Unha última ampliación en 1550 consistiu no soportal renacentista na rúa Canicouba e nun tramo do pasadizo sobre a rúa San Telmo.
☚| PUNTO ANTERIOR
☛| SEGUINTE PUNTO