Promovida por confrarías medievais para a devoción do seu patrón no século XII, consérvase a portada románica ornamentada con bólas no chafrán. O seu uso como vivenda documéntase a partir do século XV debido á ruína do edificio tras as guerras feudais. É probable que a capela permanecese ligada a unha das casas emparedadas que quedaban na súa contorna. En Tui existían na Idade Media varias capelas, como a de San Nicolás, San Martiño ou a mesma do Corpo Santo.
☚| PUNTO ANTERIOR
☛| SEGUINTE PUNTO