To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

PETO DE LAS ÁNIMAS DE SOUTELO

PETO DE LAS ÁNIMAS DE SOUTELO

Description

Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas. Non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, que é cando aparece a idea do Purgatorio.

A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, millo, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo. Unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda. Tamén se daba diñeiro para que o cura o administrase e dixese misas polos defuntos.

Neste observamos unha fornela de mampostería de cemento e ladrillo con verxa de peche do oco onde se garda, tras un cristal, unha virxe das Angustias co corpo de Cristo morto. A imaxe ten unha polícromía bastante basta. Hai visos de devoción pois vemos velas e flores.

Technical information

Updated at : 08/01/2021
Lat : 42.5340831Lng : -8.3009919

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show