É un das pontes de arco máis antigas desta zona (século XV). Trátase dunha ponte construída en mampostería en forma de “chapacuña” de tres arcos, o máis grande lixeiramente apuntado. Este ten unha luz aproximada de oito metros, mentres que os dous restantes actúan como aliviadoiros. Ademais, veremos outro arco polo que discorre unha canle de auga que recolle as augas dunha presa situada uns metros máis arriba. Supomos que este foi construído posteriormente, quizais nalgunha pequena reforma da ponte no século XVIII ou XIX.
Por este trazado discorría o camiño dos “arrieiros”, os cales transportaban as súas prezadas mercadorías até Santiago de Compostela.
Este percorrido foi recuperado recentemente como vía de peregrinación a través do Camiño da Geira e dos Arrieiros, e como “Camiño Ribeiro-Miñoto”.