To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

MONTE DA LAGOA

MONTE DA LAGOA

Description

Atopámonos en Vilarquinte para acceder ao Monte de Lagoa, un impresionante miradoiro para desfrutar dunhas marabillosas vistas, onde atopamos un punto xeodésico.

O cumio do Monte da Lagoa dividía, ata 1940, tres parroquias: O Val, Mandiá e Covas, e os concellos de Narón e Serantes, hoxe Ferrol. Atópase moi próxima a chamada Fonte dos Tres Alcaldes, onde, segundo a lenda, na noite de San Xoán ábrense de par en par as portas que comunican o noso mundo co Alén e se escoita a marabillosa música dun mouro gaiteiro, que está a tocar unha gaita de ouro.

Neste punto alto atopouse o cercado neolítico do Monte da Lagoa, que foi o primeiro descuberto en Galicia e España deste xénero. Este cercado era de forma redonda, ben defendido por un foso e un muro de pedra, chamado “curro vedro”, onde se gardaba o gando na época de verán.

A subida do gando aos montes de Vilarquinte en verán e a baixada ao Val de Trasancos en inverno, segundo a tradición dos pastores e agricultores neolíticos, era un acontecemento de grande relevancia social, e por iso os celtas da Área Cultural Atlántica de Europa dividían o ano en dúas metades.

O primeiro de maio comezaba o verán celta e levábase o gando ás brañas, “pastos de herba fresca”, que quedaba recollido neste cercado pola noite, a salvo dos lobos.  Así, o primeiro de novembro, co comezo do inverno celta, volvían co gando ao Val, á seguridade e o calor dos castros.

Estes cercados neolíticos para o gando da Europa Atlántica explican o misterio e a razón das celebracións celtas das festas dos “maios”, así como a celebración das festas dos defuntos. Maio e novembro, datas irrelevantes para a agricultura, son fundamentais para o gando maior, base da riqueza da economía mixta agropecuaria. Deste xeito, os cercados neolíticos cumprían unha función económica e protectora do gando, e tamén cerimonial.

Technical information

Updated at : 21/06/2019
Lat : 43.5552049Lng : -8.2401378

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show