To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O CASAL

O CASAL

Description

Pequena cala con moito encanto. Resulta complicado o acceso ao quedar esta enmarcada por tres puntas moi características desta abrupta costa: Punta Castelo, Corveiro e Ferruxeda.

Praia do Casal
Neste tramo da costa é posible descubrir praias de fina area, como esta praia do Casal, longa e con auga doce, alimentada polo regato de Vilarquinte, agochada entre os cabos rochosos e estratéxicos saíntes onde se pesca unha excelente e esquiva robaliza.

Aínda que é posible chegar a ela, é unha praia de difícil acceso. Esta praia permite observar unha grande diversidade, tanto de flores salvaxes e de especies mariñas como de minerais. O traballo do mar crea unhas rochas moi peculiares. Illas e illotes cheos de lendas sucédense e adoptan formas e cores diferentes. Cada hora, a costa cambia e flutúa con maxia propia.

Afirman os habitantes do lugar que a Punta Ferruxeda, a Punta do Corveiro e a Punta do Castelo son obra dunha vella que os transportou alí mentres fiaba a rocha, que son reis durmidos cos seus exércitos de pedra, que son morada de ananos e mouros, como o que sae da Fonte dos Tres Alcaldes na noite de San Xoán tocando unha gaita de ouro.

Technical information

Updated at : 21/06/2019
Lat : 43.561298Lng : -8.2492807

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show