To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

PENA LOPESA

PENA LOPESA

Description

A Pena Lopesa son os restos dun antigo castro e dunha fortaleza medieval desaparecida polo efecto da erosión mariña.

É un dos moitos castros galaicos destruídos polas pedras nos promontorios da costa Atlántica na Idade de Ferro.

A erosión mariña separou, a finais da Idade Media ou na Idade Moderna, a Pena Lopesa do Monte da Lagoa, formando unha áspera e inaccesible península que penetra no mar con paredes verticais de 42 metros de altura. A pena tiña na antigüidade unha fonte de auga doce.

O pequeno camiño que vai da Pena Molexa á Pena Lopesa é un dos máis fermosos e interesantes do tramo do itinerario que leva ata Santo André de Teixido. A grandiosa natureza virxe dominante sobre o Océano Atlántico e o Val de Trasancos, inundando todos os sentidos en pouco máis dun quilómetro, convérteo nun lugar único, inmutable co paso dos séculos.

Coa vista do Océano Atlántico, podemos emprender a perigosa baixada ao cantil para contemplar a impresionante Pena Lopesa: os restos dun castro costeiro, desaparecido, convertido case nunha illa pola acción do mar. Unha grande fenda separou a Pena Lopesa dos montes de Vilarquinte, formándose ao derrubarse unha península; un cantil de inaccesibles paredes verticais.

Apareceron restos de cerámica, entre outros, que confirman a súa ocupación cara ao cambio de era.

A Lopesa é un dos centos de castros atlánticos destruídos pola forza do mar dos cales os mariñeiros contan vellas historias nas longas noites de inverno.

Conta a lenda que na Pena Lopesa, no tempo dos “Mouros”, seres míticos galegos, un poderoso rei custodiaba un fabuloso tesouro.

O rei saía cazar aos montes de Vilarquinte estendendo unha ponte levadiza e xirando as ferraduras do seu cabalo para enganar aos reis inimigos que querían roubarlle o seu tesouro.

Un día, estes reis reuniron un gran exército e acamparon no monte, fronte a Lopesa. Tras anos de asedio e case a piques de renderse pola fame, o rei de Lopesa ofreceu aos paxaros a última ración de trigo que tiña. Entón os sitiadores levantaron o cerco e marcharon, pensando que o Rei Mouro tiña comida para moitos anos.

PRAIA DE LOPESA
A praia de Lopesa ten unha lonxitude de 20 metros e unha anchura mínima de 10 metros, con moita variación por causa das mareas. O chan desta praia está composto por pedregullos e rochas dos frecuentes derrubamentos da costa. O seu acceso non é aconsellable pola súa grande dificultade.

Technical information

Updated at : 21/06/2019
Lat : 43.5686548Lng : -8.2231482

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show