Os participantes da Masterclass puideron achegarse ás técnicas que diferencian e fan único a Spok. O seu estilo pictórico bebe directamente do estilo que adquiriu pintando graffiti nos 90. O seu traballo é recoñecido polo contexto fantástico e a linguaxe con toques de humor negro que destaca do resto. Cunha técnica hiperrealista e grandes formatos, Spok logra establecer un diálogo co espectador que non deixa indiferente a ninguén. Realizou multitude de proxectos para grandes firmas e axencias de publicidade. Na vila de Carballo deixounos unha pequena obra no 2018 no lateral da Estación vella de Autobuses.
Spok é un artista madrileño que destaca polo seu estilo pictórico que bebe directamente do estilo que adquiriu pintando graffiti nos 90. O seu traballo é recoñecido polo contexto fantástico e a linguaxe con toques de humor negro que destaca do resto, cunha técnica hiperrealista e grandes formatos. Ver web do artista...