Neste mural do 2018 de grandes dimensións, percíbese unha sensación de loita entre polos opostos, onde, dun retrato escuro pero ao tempo sereno e reflexivo, agroman medos, fobias e outros monstros coas formas da antiga cultura clásica. Grifos, quimeras e estrañas criaturas afloran do peito lembrándonos onde temos as luces, as sombras, e os medios tons que precisamos para atopar o equilibrio no camiño vital.
O traballo da galega Lula Goce tende a afondar no íntimo partindo do público. Son aparentes accións solitarias entroncadas con inquietantes naturezas vivas, expostas á mirada de transeúntes e curiosos. O humano e o vexetal únense formando un todo. Ver web da artista...