To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

DUALIDADE

DUALIDADE

Description

Malia súa xuventude, Aryz é unha das figuras máis recoñecidas do eido internacional neste ámbito artístico. É o seu un estilo introspectivo, de grandes figuras e cores pasteis e desaturadas. Quere así que a súa obra non destaque sobre o entorno, que sexa a propia persoa quen saia á procura da obra e non ao revés.

A Carballo veu en 2015 atraído pola posibilidade de pintar tres das paredes dun lateral do Fórum que se miran entre si.

Dualidade trátase dunha representación que xira ao redor dun concepto concreto: a dualidade do ser, mediante un estilo gráfico que lembra ao ritmo das viñetas da banda deseñada. A obra de impresionantes dimensións, realizada en tan só 10 días durante a primeira edición do Rexenera Fest, conforma un tríptico no que se amosan as loitas internas que cada quen ten que batallar consigo mesmo. A sucesión de imaxes semella transmitirnos esa sensación de certeza de que sexa como sexa, o final está preto... E que máis tarde ou máis cedo todos remataremos por descompoñernos como a última imaxe do tríptico.

Na obra de Aryz predominan as representacións de impresionantes e xigantescas figuras, das que afloran mesturas de profundas emocións, a cabalo entre a crueza e a tenrura, a vida e a morte, temas recorrentes ao longo do seu traballo. O uso das cores pasteis e dunha gama cromática desaturada e intencionada, fai que as súas vibrantes composicións entablen unha relación harmónica co seu entorno, neste caso co edificio do Fórum e tamén cos seus arredores.

A técnica deste artista catalán, unha peculiar mestura entre aerosol, pinceis, rolos e pintura plástica, nace da evolución dende o graffiti aos murais de gran formato, o que fixo que o seu estilo adquirira co tempo un carácter propio e orixinal que se identifica inmediatamente.

Aryz é un artista de Barcelona, pintor, ilustrador e muralista contemporáneo, unha das figuras máis recoñecidas e influentes a nivel internacional neste movemento artístico. Máis info na súa web...

 

Technical Information

Lat, Lng
43.2061113-8.6904435
Coordinates copied
Altitude
0 m
Uncertain state
Point of Interest updated on 07/11/2018
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾