To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

A PENA DA MOURA

A PENA DA MOURA

Description

Ao longo da historia foron moitos os pesos, físicos e tamén metafóricos, que as mulleres galegas cargaron sobre os seus ombros. Cestas de peixe, leiteiras, feixes de herba, bolsas da compra, mercadorías da feira, ou o gran peso da vida sobre as súas costas.

O mural de 2015 A Pena da Moura de Nómada é unha homenaxe ao matriarcado, en concreto ás mulleres galegas, e está inspirado na lenda local da Pedra Moura. A figura feminina do mural é a representación desta lenda, que explica a orixe do dolmen de Aldemunde. Conta a historia que a moura da lenda levaba unha pedra na cabeza mentres ía fíando e cando estaba xa moi cansa deixouna no chan, e a pedra medrou. A protagonista desta obra tamén aparece fíando, facendo un tapiz que representa ás mulleres galegas que antigamente levaban a cesta á cabeza, transportando as mercadorías das actividades comerciais daqueles tempos. No muro pódense ver un total de seis mulleres, cada unha delas portando diferentes produtos, facendo fincapé nos distintos oficios da época e destacando a importancia vital da figura da muller no desenvolvemento da nosa sociedade pasada e actual.

O estilo pictórico do artista é complexo e denso, posto que está cheo de simbolismos e metáforas visuais que conteñen reflexións profundas sobre a sociedade contemporánea e a condición humana.

Nómada é Miguel Peralta, natural de Almería pero residente en Santiago de Compostela, e forma parte de Cestola na Cachola. Traballa a ilustración, a pintura e o muralismo, combinando distintas técnicas e materiais.

 

Technical Information

Lat, Lng
43.2099555-8.6925954
Coordinates copied
Altitude
0 m
Uncertain state
Point of Interest updated on 07/11/2018
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾