To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Riomuíños

Riomuíños

Description

O arrabalde formouse xa no século XII —privilexio da raíña Urraca en 1112— arredor dos muíños do río Tripes, dando así lugar á súa característica máis salientable. O carácter industrial do barrio completábase coa presenza dos pelamios, actividade dos curtidores da cidade e vía de saída de Tui cara a Baiona. O arrabalde conta con espazos emblemáticos, como o eirado xunto á ponte, reconstruída esta en 1712, a fonte ou lavadoiro ou o antigo matadoiro, edificado en 1785 polo concello e hoxe espazo cultural. Doutro lado da ponte e sobre un promontorio localizábase na Idade Media o cemiterio xudeu. No século XVI foi o barrio lugar de importantes propiedades de familias criptoxudías e o seu nome actual, A Saravia, orixínase en Antonia Saravia, pola casa e granxas que posuía neste núcleo xunto a outros familiares. O nome actual do barrio, Bispo Salvado, deriva da importante figura de frei Rosendo Salvado, cun labor polifácetico en Australia a prol dos máis desfavorecidos e referente adiantado ao seu tempo dos dereitos universais. 

Technical information

Updated at : 12/10/2018
Lat : 42.0479832Lng : -8.6485137

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show