Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

MONDARIZ-BALNEARIO

MONDARIZ-BALNEARIO

Description

A orixe de Mondariz-Balneario hai que situala en 1873, cando os irmáns Peinador iniciaron a explotación comercial das fontes de Gándara e Troncoso. Nese momento de crecemento, non só pola venda de auga embotellada senón tamén como lugar de saúde e lecer, inaugurouse en 1880 a Casa de Baños e en 1898 o Gran Hotel, eixe central do que foi un centro balneario punteiro durante as primeiras décadas do século XX.

Aristócratas, políticos, artistas e influentes homes de negocios dábanse cita nas tempadas de augas nesta pequena vila que tiña un importante hotel e que ofrecía aloxamento a hóspedes de toda condición económica e social. Os mellores arquitectos da época, coma Antonio Palacios e Jenaro de la Fuente, traballaron na construción dos edificios que converteron Mondariz-Balneario na vila termal por excelencia. Peculiaridades como unha moeda e un xornal propios e a súa marca no termalismo europeo deron orixe ao actual municipio, que se independizou do Concello de Mondariz en 1924. Posteriormente, Alfonso XIII distinguiuno en 1925, concedéndolle o título de “Moi Hospitalaria Vila”.

Co inicio da guerra civil comezou o seu declive, que alcanzou o seu máximo co incendio que destruíu o hotel en 1973. Na década de 1990 Mondariz-Balneario rexurdiu cunha aposta audaz e moi completa en servizos termais e hostaleiros.

Technical Information

Lat, Lng
42.227091-8.465805
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 28/09/2018
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾