Déjà inscrit ? Connectez-vous
Froiteiros. A reprodución das plantas

Froiteiros. A reprodución das plantas

Moitas especies de plantas cultívanse porque producen saborosos froitos comestibles. Xunto a ti tes unha representación de variedades autóctonas de árbores froiteiras como a pera (Pyrus communis) ou a mazá (Malus domestica).

Unha vantaxe das variedades autóctonas é que ao orixinarse neste ambiente, están perfectamente adaptadas a este clima e ás condicións deste lugar no que evolucionaron. No caso dos froiteiros isto é moi importante porque o seu cultivo precisa de moitos menos coidados fitosanitarios que as variedades importadas.

Como se producen estes froitos tan apetitosos?

Estas especies adoitan ter unhas floracións explosivas. Durante uns poucos días ao ano énchense de flores. Desta maneira son capaces de chamar a atención dalgúns insectos voadores dos que dependen para producir os seus froitos: son os polinizadores.

Ao florecer de maneira explosiva conseguen atraer aos polinizadores, que, a cambio dunha recompensa doce en forma de néctar e proteica, en forma de pole, serán os responsables de transportar os gametos masculinos entre flores distintas para, desta maneira, fecundar os óvulos.

Estes óvulos fecundados converteranse en sementes e o tecido que rodea aos óvulos, engrosarase, dando lugar ao froito.

Sabías que os froitos carnosos considéranse evolutivamente máis recentes que os froitos secos que teñen moitas plantas con flor? Dende a súa aparición lograron mellorar substancialmente o proceso de dispersión das sementes ao conseguir que moitos animais inxíranos e excreten as sementes, sen estragalas, lonxe da planta nai. Desta maneira conseguen expandirse de maneira máis eficiente.

Infos techniques

Lat : 42.2050195Lng : -8.4632786
0 m
2 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.