Déjà inscrit ? Connectez-vous
Cerdido - San Sadurniño

Cerdido - San Sadurniño

A cuarta etapa do "Camiño de Santo André " discorre polos municipios de Cerdido, San Sadurniño e Moeche. É un paseo pola historia que percorre os camiños de cabalerías dos Andrade, estirpe familiar de gran relevancia na Galicia de finais da Idade Media.

Partimos do núcleo de Vila dá Igrexa, no municipio de Cerdido, ante nós atópase un camiño a través de montes e vales, transitando por ricos campos de cultivo e pastos para gañado en liberdade. Atopámonos tamén con multitude de “cruceiros” e “petos de ánimas”, pequenos monumentos funerarios de culto aos mortos.

Tras unha baixada chegaremos ao castelo de Moeche, situado na parroquia de San Xurxo, un castelo medieval do século XIV, ben conservado e pertencente á nobreza familiar dos Andrade. De planta poligonal, aínda conserva a torre da homenaxe de dezaoito metros de altura, observándose no exterior dous escudos  de armas e pequenas xanelas de arco de medio punto. Tamén conta con patio de armas e o seu parte oeste está defendida por un foso escavado na roca. O castelo foi un dos protagonistas da revolta dos "Irmandiños", vasallos oprimidos que se levantaron en armas e que levaron a Nuño Freire de Andrade a fuxir ao castelo de Andrade en Pontedeume.

No mes de agosto celébrase un dos acontecementos musicais máis relevantes: o “Festival Irmandiño” dedicado á música e bailes tradicionais, no que se conmemora o asalto ao castelo.

E tras atravesar bosques, campos, plantacións e zonas de gran beleza paisaxística, chegamos ao lugar de Igrexafeita no municipio de San Sadurniño, punto de partida da terceira etapa.

Infos techniques

Lat : 43.6202031Lng : -7.9988038
0 m
3 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.