Déjà inscrit ? Connectez-vous
Cerdido - San Andrés de Teixido

Cerdido - San Andrés de Teixido

A quinta e última etapa do "Camiño de Santo André" discorre polos municipios de Cerdido e Cedeira e finaliza no impresionante enclave onde está o centro de peregrinación de Santo André de Teixido, destino dunha romaría ancestral.

Neste último tramo percorremos o bordo do “río das Mestas” dunha gran beleza, que actúa de fronteira entre ambos os dous municipios, antes de iniciar o ascenso á “Serra da Capelada”, espazo de natureza salvaxe, onde están os cantís máis altos da Europa continental con 613 metros de altura.

No camiño descubrimos a famosa “Pena da Aguia”, que servía de orientación aos romeiros, e percorremos o maior parque xeolóxico natural de Galicia. A súa contorna salvaxe e as súas belas vistas convérteno nunha paraxe admirable. O impresionante miradoiro do Penedo Edroso móstranos a conca de Cedeira e o val do río Condomiñas.

Na “Serra da Capelada” camiñamos entre cabalos salvaxes e gando en liberdade. Se queredes cumprir coa tradición, depositade unha pedra nos “amilladoiros” (moreas de pedras ao pé dunha cruz) que hai no camiño como proba da vosa visita. Hai que prestar especial atención aos pequenos animais que atopamos na ruta, pois poderían ser almas do purgatorio no seu camiño cara a Santo André porque como di a lenda “vai de morto quen non foi de vivo”.

Xa desde o miradoiro do Chao do Monte, iniciamos o descenso pola Costa Pequena, un camiño en zigzag que atravesa o bosque petrificado, denominado así polas curiosas formas que adquiren as rochas bandeadas ao sufrir a erosión eólica. O itinerario finaliza na lendaria ermida de Santo André de Teixido, final da nosa agradable ruta polo Camiño de Santo André.

Infos techniques

Lat : 43.6212271Lng : -7.9986891
0 m
2 ans

Les Storyguides à proximité

Soyez le premier à commenter !

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.