Déjà inscrit ? Connectez-vous
San Sadurniño - Cerdido

San Sadurniño - Cerdido

A cuarta etapa do "Camiño de Santo André" discorre polos municipios de San Sadurniño, Moeche e Cerdido. É un paseo pola historia que percorre os camiños de cabalerías dos Andrade, estirpe familiar de gran relevancia na Galicia de finais da Idade Media.

Partimos do lugar de Igrexafeita no municipio de San Sadurniño, para dirixírmonos cara ao castelo de Moeche, atravesando bosques, campos, plantacións e zonas de gran beleza paisaxística. Atopámonos tamén con multitude de “cruceiros” e “petos de ánimas”, pequenos monumentos funerarios de culto aos mortos.

O Castelo de Moeche, situado na parroquia de San Xurxo, é un castelo medieval do século XIV, ben conservado, pertencente á nobreza familiar dos Andrade. De planta poligonal, aínda conserva a torre da homenaxe de 18 metros de altura, observándose no exterior dous escudos  de armas e pequenas xanelas de arco de medio punto. Tamén conta con patio de armas e a súa parte oeste está defendida por un foso escavado na rocha. O castelo foi un dos protagonistas da revolta dos Irmandiños, vasalos oprimidos que se levantaron en armas e que levaron a Nuño Freire de Andrade a fuxir ao castelo de Andrade en Pontedeume.

Na actualidade o castelo é visitable, celebrándose no mes de agosto un dos acontecementos musicais máis relevantes: o “Festival Irmandiño” dedicado á música e bailes tradicionais, no que se conmemora o asalto ao castelo.

Despois de visitar o castelo e repoñer forzas, enfrontámonos a unha subida bastante esixente que nos guía a través de montes e vales, transitando por ricos campos de cultivo e pastos para gando en liberdade ata o final da etapa, no núcleo de Vila da Igrexa, no municipio de Cerdido.

Infos techniques

Lat : 43.4997338Lng : -8.0242094
0 m
3 ans

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.