Déjà inscrit ? Connectez-vous
MONFERO - BETANZOS

MONFERO - BETANZOS

De volta a Betanzos, a primeira etapa do "Camiño de Santo André " é unha das de maior percorrido de toda a ruta (22 Km). Comezamos pola capital municipal de Monfero: O Rebordelo, e continuamos por Irixoa, Paderne, Coirós para chegar a Betanzos.

Despois de gozar da gastronomía tradicional nas proximidades das portas das Fragas do Eume, iremos descubrindo unha paisaxe de enormes praderías dedicadas á crianza do gando en liberdade e ao cultivo da terra.

Seguindo a nosa ruta dirixirémonos ao encontro doutro río de lenda, o Lambre, que transcorre placidamente desde Monfero ata o lugar de Ponte do Porco, na desembocadura da ría de Betanzos.

Despois dunha prominente baixada, percorreremos o espazo natural protexido do río Mandeo por un fermoso túnel de vexetación de ribeira. Se nos desviamos uns metros da nosa ruta, no lugar de Chelo atopamos o Centro de Interpretación do río Mandeo, onde coñeceremos o extraordinario ecosistema fluvial desta zona.

Atopámonos chegando a Betanzos, unha das cidades máis antigas de Galicia coas súas empinadas rúas tráennos á época na que chegou a ser capital do Reino. As súas igrexas e pazos fixéronlle acredora do nome de “Betanzos dos Cabaleiros”. Unha cidade de tradicións arraigadas e rechamantes, entre as que destacan: o lanzamento do globo de papel máis grande do mundo e a romaría dos Caneiros, na que se remonta o río Mandeo en barcazas, desde Betanzos ata o lugar dos Caneiros para pasar un día festivo comendo e bailando. Finalizamos o noso camiño no campo da feira, onde podemos chegar polo "Camiño Inglés" procedentes de Santiago de Compostela , Ferrol ou A Coruña.

Infos techniques

Lat : 43.3337992Lng : -8.0562436
0 m
3 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.