To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

5. As familias do Castelo

5. As familias do Castelo

Description

Na pedra armeira situada na primeira porta de entrada á fortaleza atopamos representada a unión matrimonial que vai permitir a consolidación do señorío dos Moscoso a partir do século XV, continuando no tempo aos señoríos dos Mariño e o Condado de Trastámara. Na parte esquerda deste escudo de armas observamos a cabeza arrincada do famoso lobo dos Moscoso, coas correspondentes regueiros de sangue na parte inferior. E na parte dereita aparecen os roeis dos Castro e os caldeiros dos Lara. Polo tanto, esta imaxe nobiliar é resultado da unión dos Moscoso cunha poderosa familia mediante o matrimonio con Juana de Castro e Lara.

Precisamente será o fillo de Rodrigo e Juana, Bernal Yáñez de Moscoso, dende o seu posto de Pertigueiro Maior de Santiago o que comece coas hostilidades cos bispos compostelás, primeiro con Rodrigo Luna e despois con Alonso II de Fonseca, chegando a ter preso a este último na Torre Leste do Castelo de Vimianzo. Pero non será el, senón o seu sobriño, Lopo Sánchez de Moscoso, quen estenda o señorío dos Moscoso polas actuais Terras de Soneira e acade o título de I Conde de Altamira.

En 1870 a irmá do XV Conde de Altamira vende esta propiedade a Ramón Martelo, presidente da Deputación de A Coruña. E será o seu fillo, Evaristo, concelleiro de A Coruña e poeta en lingua galega, o que acondicione o castelo como residencia de verán. Posiblemente é o responsable da pedra armeira da que falamos antes, como a súa interpretación nobiliar da historia do castelo.

Technical information

Updated at : 18/03/2017
Lat : 43.1112958Lng : -9.031204

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show