To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

4. As escavacións arqueolóxicas

4. As escavacións arqueolóxicas

Description

A Deputación da Coruña mercou o Castelo de Vimianzo en 1973 ó Arcebispado de Santiago por 600.000 pesetas da época. Teremos que agardar á seguinte década para falar do comezo dos traballos de restauración da fortaleza, concretamente nos anos 1984-86, centrados na limpeza e consolidación de muros. Precisamente, nestas tarefas de acondicionamento da parte central do patio de armas xorden os alicerces de 1,80 metros de ancho identificados coma a posible torre da homenaxe. Estes sorprendentes achádegos deron lugar á realización dunha escavación arqueolóxica rigorosa e sistemática para documentar esta etapa histórica do castelo.

A nova escavación, dentro da segunda fase de restauración do castelo en 1988-89, deixou entrever novas estruturas murarias por todo o patio de armas, e a un nivel arqueolóxico máis antigo que a primitiva torre da homenaxe. De entre os máis de 1.000 fragmentos de cerámica medieval, recuperouse unha xarra trilobulada do século XI-XIII, varios apliques de ferro co escudo dos Mariño Lobeira, dúas moedas de cobre, e restos de ósos dun vertedoiro. A falla de estudos máis exhaustivos, parte dos restos desta fase máis antiga de ocupación do castelo podería estar relacionados cunha ferrería.

Na actualidade soamente atopamos consolidadas e restauradas a cimentación da primitiva torre de homenaxe na parte central no patrio de armas, e unha pequena parte da hipotética ferrería, concretamente un área cuadrangular nas proximidades da Torre do Leste, interpretada coma un posible forno desta.

Technical information

Updated at : 18/03/2017
Lat : 43.1112625Lng : -9.0313568

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show