Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

2. O patio de armas

2. O patio de armas

Description

Neste patio interior do castelo acontecía a cerimonia máis importante para garantir o funcionamento da sociedade feudal: o xuramente de fidelidade e vasalaxe. Este era o espazo elixido polos señores do castelo (Mariño, Trastámara e Moscoso) para facer entrega da administración do castelo e as propiedades que formaban parte do feudo a un home libre, neste caso un alcaide ou meiriño. O mecanismo para formalizar a relación entre ambos, a modo de contrato recíproco, era o xuramente de vasalaxe. O incumprimento deste acordo por parte do vasalo sería considerado coma felonía, traizón, e podía pagarse coa vida.

Dende este lugar podemos acceder as diferentes estancias dunha fortaleza cunha superficie intramuros de 805 m2, e de 1489 m2 incluíndo o paseo exterior. Nos edificios residencias situados na parte norte do castelo, atoparemos a antiga cociña, salón, cabaleriza e cuberto. Hoxe en día modificadas para acoller a mostra de artesanía “en vivo”. Podemos subir ao paseo das murallas (o adarve) e percorrer as catro torres, en especial a leste, xa que posúe unha exposición da Historia do Castelo e a Costa da Morte.

Este patio de armas agocha un segredo na súa parte central coa presenza dos alicerces da primitiva torre da homenaxe, anterior ao século XIII, que apareceron no proceso de limpeza e restauración da fortificación na década dos 80 por parte da Deputación da Coruña. Estes achádegos impulsaron unha escavación arqueolóxica en área na que atoparon novas estruturas anteriores, deixando na parte leste do patio un pequeno espazo rectangular restaurado.

Technical Information

Lat, Lng
43.1112037-9.03144
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 18/03/2017
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾