Already registered ? Log in
O Conxunto Catedralicio

O Conxunto Catedralicio

A Catedral ten a súa orixe no século VI, canda a constitución do bispado polo rei suevo Teodomiro. A finais do século XI principian as obras de construción, que teñen por modelo a Santiago de Compostela como igrexa de peregrinación. O románico é o estilo principal do edificio, que se proxecta como unha fortaleza tanto por simbolismo relixioso (a imaxe da Xerusalén Celestial) como señorial: o poder dos bispos sobre a cidade.

A principios do século XIII executáronse as bóvedas e mais a portada en estilo gótico. A catedral consagrouse en 1225. Posteriormente engadíronselle varios elementos importantes, como o claustro gótico, do século XIII, o maior claustro medieval de Galicia; a torre de santo Andrés, en 1419, ou a torre grande de Santa Catarina en 1485, que reforzaron a súa feitura exterior. A partir do século XVI, co palacio do bispo completouse a funcionalidade da catedral.

Technical information

Lat : 42.0461554Lng : -8.6448839
0 m
6 years