To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O LUGAR DE A CALLE

O LUGAR DE A CALLE

Description


Entramos no lugar de A Calle, da parroquia de San Xulián de Poulo. O pobo érguese ao longo do camiño, cun urbanismo en función do viario. Debido a esta relación co camiño e aos personaxes históricos que por aquí pasaron, denominouse tamén como A Calle Real de Poulo. O seu topónimo é unha clara referencia a esta relación co camiño.

Por aquí pasaron e se hospedaron célebres viaxeiros. Unha inscrición nunha pedra do marco dunha porta dunha vella casa e un escudo sobre o lintel da mesma, recórdanos que aquí pasou unha noite nunha humilde casa, o futuro rei Filipe II. Tamén pasou por aquí o nobre italiano Cósimo de Médicis en 1669, despois de peregrinar a Santiago de Compostela e camiño da Coruña, onde se embarcaría  con rumbo a Inglaterra.

Esta vinculación viaria fixo deste lugar un dos máis importantes da Terra de Ordes. Aquí celebrábase unha feira mensual á que acudían xentes de toda a comarca. Mais este papel predominante pérdeo ao se crear a nova capital municipal ao lado dunha nova e importante vía de comunicación.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.0587067Lng : -8.3808685

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show