To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O CASTRO DAS TRAVESAS

O CASTRO DAS TRAVESAS

Description


O camiño continúa aquí sobre a estrada e pasa por diante dunha subestación eléctrica. Cando remata a valla sae un camiño que leva ao castro das Travesas, tamén coñecido como Eira dos Mouros. “Mouro” é un ser do imaxinario popular galego que nada ten que ver cos habitantes do norte de África. Os “mouros” habitan baixo terra en lugares onde pode haber restos arqueolóxicos. Polo xeral as lendas de “mouros e encantos” se asocian a xacementos arqueolóxicos.

Este castro está nunha altura e ten forma circular, estando considerado como un dos de maior extensión de Galicia. A súa posición era privilexiada para o control dos camiños nun amplo territorio. De feito mantense a idea de que por aquí pasaba unha vía romana. Nas inmediacións, e ao lado do camiño (ramal de Ferrol) que sube de Beche, hai outro castro, Castro Maior.

O castro foi escavado no ano 2006 e se cre que as primeiras ocupacións datan do século IV-III antes da nosa era. Entre os achados restos de vivendas de estrutura de madeira e cubrición vexetal, un anel con paralelismos nas illas Británicas, un obxecto de barro profusamente decorado e outros materiais procedentes do Mediterráneo e do mundo romano. Os encontrados están depositados nunha colección visitable na localidade de Carral.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.1644264Lng : -8.3576053

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show