To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

OS PAZOS

OS PAZOS

Description


O pazo, derivado do latín “paladium”, era a vivenda grande dunha familia fidalga e situada no rural. A orixe deste tipo de vivenda está no cambio de vida da nobreza ao inicio da Idade Moderna por mor dunha maior estabilidade e control social, polo que poden abandonar as fortalezas. O tempo do seu esplendor está na época Barroca.

Na súa tipoloxía están presentes influencias diversas, desde as procedentes da arquitectura defensiva e pacega medieval, á arquitectura das vilas e do campo dos romanos, pasando pola das vilas renacentistas e das quintas portuguesas. Así son elementos dos pazos as torres con ameas ou muros rematados en merlóns. A torre ten agora unha función de punto de control sobre as terras e de elemento que o identifica desde lonxe. Algúns pazos están levantados onde anteriormente houbo unha fortaleza medieval.

O pazo ten unha relación coa terra na que se sitúa. Non era só unha residencia, era unha explotación agraria. Sempre está rodeada de terras e hai unha relación cos habitantes do territorio. Estes dependen do pazo, traballan  as súas terras e pagan aquí as súas rendas. A finca pegada ao pazo acostuma estar rodeada dun alto muro. Dentro dela acostuma haber unha capela, un gran hórreo para gardar o millo, un pombal e outras dependencias relacionadas coa actividade agraria. Na zona inmediata á vivenda hai un xardín con variedade de plantas. Outros elementos presentes na arquitectura dos pazos son os escudos, as grandes chemineas e as escaleiras exteriores.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.2829564Lng : -8.364809

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show