To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

MUÍÑO DE MAREAS DE ACEA DE AMA

MUÍÑO DE MAREAS DE ACEA DE AMA

Description


Si continuamos camiñando pola avenida que acabamos de cruzar encontrarémonos cun antiguo edificio que foi muíño de mareas, agora restaurado e convertido nun centro cultural e Museo dos Muíños.

Un muíño de mareas é aquel que aproveita a forza derivada da subida e baixada das augas mariñas, por iso se sitúan en lugares de forte contraste mareal. Nas costas galegas hai catalogados 14, algúns restaurados. Este é o máis antigo de Galicia, tendo noticias da súa existencia grazas á doazón do rei Fernando II ao mosteiro de Sobrado dos Monxes en 1186. Foi reconstruído no século XVI, pero a finais do século XX estaba abandonado.

Agora, restaurado, podemos ver un conxunto de varias edificacións que correspondían á vivenda, muíño e outras dependencias. Conta con catro moas, pero só unha funcionaba realmente con auga do mar. A presa viuse moi reducida coa construción da estrada e da vía do tren e o seu contorno moi afectado polo medre urbano. Estaba na desembocadura do río da Trabe, polo que tamén aproveitaba as augas destes.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.319394Lng : -8.3728785

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show