To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O REI FILIPE II NO CAMIÑO INGLÉS

O REI FILIPE II NO CAMIÑO INGLÉS

Description


Dado que o camiño inglés une os portos de Ferrol e A Coruña coa cidade de Santiago de Compostela, era usado polos viaxeiros que se dirixían a unha ou outra destas cidades. Entre estes está o rei de España Filipe II, cando aínda era príncipe, como anteriormente tamén o fixera seu pai.

Filipe quedara viúvo da súa primeira esposa, a princesa María Manuela de Portugal. O seu segundo matrimonio vai ser con María Tudor, filla do rei Enrique VIII de Inglaterra e de Catarina de Aragón, polo tanto emparentada co seu pai, coa que en principio tamén pensou casar.

A comitiva, numerosa, sae de Valladolid cara a Santiago de Compostela. De aquí seguen o itinerario do camiño inglés até o porto da Coruña, onde embarcan rumbo a Inglaterra o 13 de xullo de 1554. A travesía durou sete días, chegando a Southampton un día de choiva. A voda tivo lugar na catedral de Winchester o 25 de xullo, día de Santiago. O matrimonio durou só catro anos.

No traxecto de Santiago ao porto da Coruña o futuro rei pasou unha noite nunha casa de Sarandóns, coñecida como Pazo de Barral, segundo se pode ler nun dos seus dous escudos. O edificio destaca dos outros pola súa fachada con arcos conopiais e a súa decoración, especialmente a porta central con bolas e as xanelas do piso superior.

Technical Information

Lat, Lng
43.2225713-8.3351062
Coordinates copied
Altitude
0 m
Uncertain state
Point of Interest updated on 18/08/2016
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾