To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

TIOBRE E BETANZOS O VELLO

TIOBRE E BETANZOS O VELLO

Description


Estamos xunto á igrexa de San Martiño de Tiobre, un templo románico do século XII, pero cunha probable orixe anterior. Destacar no seu exterior a fachada sur, cun tímpano decorado por un entrelazado cruciforme, e os canzorros. Nas súas inmediacións estaba o santuario de San Paio, aquí celebrábase unha romaría no mes de agosto.

A pouca distancia da igrexa de San Martiño de Tiobre está o núcleo de Betanzos o Vello, considerado como a orixe da cidade de Betanzos, pois esta cidade sería fundada nos tempos do rei Afonso IX, en 1219, cando lle permitiu aos habitantes que vivían xunta á igrexa de Tiobre asentarse no castro de Untia. O topónimo “O Vello” faría referencia a este primitivo emprazamento que, dise, podía ser de época castrexa.

Neste cambio de emprazamento poden estar os ataques que tería recibido por mar dos normandos. Escapando dos ataques e buscando un lugar máis protexido e mellor de defender, como era o castro de Untia, situado nun alto e entre dous ríos.

Betanzos o Vello é agora un pequeno núcleo rural que se asenta ao longo do camiño que baixa da zona da igrexa parroquial de Tiobre cara á ría e cara á cidade de Betanzos. Este núcleo ten unha estrutura viaria e conserva elementos patrimoniais que o fan distinguir doutros da súa contorna, entre eles a súa disposición, a súa historia e o seu patrimonio etnográfico.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.2931923Lng : -8.2023133

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show