To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

A PONTE LAMBRE: A LENDA DE ROXÍN ROXAL

A PONTE LAMBRE: A LENDA DE ROXÍN ROXAL

Description


Cruzamos a ponte do Lambre, unha ponte de orixe medieval e cunha lenda histórica.

Roxín Roxal era o criado que máis estimaba Nuno Freire de Andrade, señor das terras do Eume. Como mostra dese aprecio regaláralle unha daga de prata. Tareixa, a filla de don Nuno,  deixábase acompañar por Roxín Roxal e acabaron namorándose. O pai decatouse da relación entre os dous mozos e decide casar a filla co cabaleiro Enrique de Osorio, apartando a Roxín Roxal da moza e expulsándoo das súas terras. 

Por entón chega a Pontedeume a noticia de que un gran porco bravo estaba esnaquizando os cultivos dos labregos. Don Nuno organiza unha cacería para abater á fera. Don Henrique invita a dona Tareixa a acompañalo na cacería para demostrarlle a súa valentía. Cans e criados foron cercando o terreo e o porco bravo saíu do seu agocho para fuxir, atravesando o río Lambre pola ponte. Aquí agardaba don Henrique. Ao ver o xabaril disparou unha frecha que só fire ao animal no lombo e a fera abalánzase sobre a xente que alí estaba. Don Henrique tírase ao río para librarse, mais a fera ataca a súa esposa. Cando don Nuno e os seus acompañantes que viñan perseguindo ao xabaril chegan á ponte atopan o cadáver de dona Tareixa, pero non hai rastro do animal. Días despois aparece na ponte o porco morto cunha daga cravada no pescozo, a daga que don Nuno regalara a Roxín Roxal.   

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.329447Lng : -8.1886065

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show