To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O SANTUARIO DE SAN MIGUEL DE BREAMO

O SANTUARIO DE SAN MIGUEL DE BREAMO

Description


Se nos desviamos uns 3 km. chegaremos ao santuario de San Miguel de Breamo, situado no alto do monte do mesmo nome.

Foi un mosteiro de monxes de Santo Agostiño até finais do século XVI. O templo empezaríase a construír sobre 1187. É un dos escasos exemplos de igrexa románica galega que presenta planta de cruz latina e cabeceira con tres ábsidas, coa peculiaridade de que a nave central é máis estreita que a transversal. A bóveda que cubre o centro do cruceiro está considerada unha das primeiras de arestas en Galicia; as bases das columnas e capiteis teñen unha rica decoración. No interior destaca unha imaxe de San Miguel pesando as almas (psicostasis). Exteriormente dá unha imaxe de fortaleza polos seus contrafortes, incluso na fachada.

Actualmente é un santuario ao que soben os veciños de Pontedeume dúas veces ao ano, o 8 de maio e o 29 de setembro, para celebrar a romaría de San Miguel, soben, cando menos, desde principios do século XX. Tradicionalmente sóbese andando para pasar todo o día xunto ao santuario. Sáese de Pontedeume polas escaleiras chamadas do “Monumento”, un camiño estreito entre as paredes das hortas. No santuario danse varias voltas ao templo (número impar) para botar os males do corpo. Na procesión sae unha imaxe de San Miguel pisando o demo.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.4010697Lng : -8.1693306

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show