To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O HÓRREO

O HÓRREO

Description


Ao longo do Camiño existen unhas curiosas construcións rectangulares coroadas por algún elemento decorativo, como pode ser unha cruz. Son os hórreos, construcións peculiares da paisaxe galega e que se utilizan como espazos para gardar, secar e conservar o millo. Debido a que a agricultura tradicional case ten desaparecido, a función dos hórreos tamén, polo que se poden ver algún abandonados, pero aínda quedan moitos ben conservados.

Aínda que existían anteriormente, o seu momento de expansión e consolidación  dáse no século XVIII coa difusión do cultivo do millo. Consta duns soportes, que poden ser os pés (columna), cepas (muro transversal) ou celeiro (peche de catro paredes). Os soportes sosteñen a cámara, levántana do chan e impiden o acceso á mesma dos roedores. A cámara pode ser de madeira, de pedra ou cominación de ambos. As de madeira acostuman a estar pintadas, ás veces formando curiosas composicións. Todos teñen remates ornamentais nos vértices superiores, normalmente unha cruz e un pináculo. O tamaño do hórreo fala da importancia económica do seu dono.

Dada a dispersión pola xeografía galega e ao diferente uso dos materiais construtivos, fálase de diferentes tipoloxías de hórreos. No territorio do camiño inglés encontraremos hórreos do tipo “mariñán” e “carral”. O primeiro de madeira e propio da comarca das Mariñas; o segundo mixto e propio da zona norte de Santiago. O primeiroten unha variante denominada “cabanas”, son algo máis anchos e a ela pertencen os hórreos do municipio de Cabanas, territorio no que agora nos encontramos.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.4426595Lng : -8.1661216

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show