To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

AS FONTES PÚBLICAS DE AUGA

AS FONTES PÚBLICAS DE AUGA

Description


Ao longo do camino vaise encontrar con numerosas fontes de auga. Só no traxecto de Fene se pasa por diante de tres e hai unha cuarta case ao lado, a fonte do Campo. Agora estamos diante da fonte da Casanova; en Mundín encontraremos outra.

As fontes son importantes elementos vinculados aos camiños, onde pode o camiñante e o peregrino saciar a súa sede, refrescarse e descansar.

As fontes teñen no mundo rural unha función utilitaria; no mundo urbano e nas vilas teñen tamén unha función ornamental. O peregrino poderao comprobar cando pase pola praza do Campo da cidade de Betanzos e contemple a fonte de Diana. Pero no espazo rural tamén se encontran fontes con certa beleza estética e monumentalidade, como a que encontraremos en Gas (Paderne). A chegada das modernas traídas de augas e a falta de poboación levou ao abandono e desaparición de moitas delas.

As fontes poden ir acompañadas de construcións complementarias, tales como un bebedoiro para o gando, un lavadoiro onde ir a lavar a roupa que, normalmente, é unha simple pedra inclinada, pero ás veces se forma unha especie de piscina rectangular con lavadoiros en varios lados e que pode estar cuberto (como neste caso). Algunhas fontes teñen unha cruz e outros elementos decorativos como complemento. Hai fontes onde habitan seres mitolóxicos, onde se di que a súa auga é boa para curar enfermidades ou onde se vai pedir que chova.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.4756212Lng : -8.1629161

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show