To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O RÍO BELELLE

O RÍO BELELLE

Description


Este río nace no municipio das Pontes de García Rodríguez e ten un percorrido pequeño, que non chega aos 30 km., pero sen embargo destaca pola beleza das paisaxes que forma e pola importancia das súas augas en relación á historia desta comarca de Ferrol.

En canto ao seu percorrido destaca a fervenza, coñecida como A Fervenza do Belelle, e considerada unha das máis belas de Galicia cuns 40m. de caída. A súa desembocadura, a pouca distancia deste punto e xunto á Ribeira de San Nicolás, é un lugar de tranquila e apracible beleza.

En canto ao seu aproveitamento o río ten unha longa historia. Primeiro hai que mencionar os varios e importantes muíños que se sitúan nas súas beiras, algúns a medio quilómetro de aquí río arriba, e que contribuíron a darlle importancia ao pan na historia de Neda. Para potenciar esta actividade muiñeira abriuse unha canle que sae do río e que chega ao mar en paralelo a este. É o río Basteiro.

No século XVIII as súas augas eran consideradas como ideais para o branqueo das velas dos barcos. A finais do XIX empézase a construción da traída de augas para subministrala á cidade de Ferrol e, a comezos do XX, se constrúe na súa beira unha das primeiras centrais eléctricas de Galicia; e tamén eran recomendadas polos médicos.

Technical Information

Lat, Lng
43.5039313-8.1545544
Coordinates copied
Altitude
0 m
Uncertain state
Point of Interest updated on 18/08/2016
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾