To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

A LENDA DO CRISTO DA CADEA

A LENDA DO CRISTO DA CADEA

Description


Na igrexa parroquial de Santa María de Neda encóntrase a imaxe dun Cristo, coñecido como o Cristo da Cadea por ter unha cadea ao redor do corpo que o suxeita á cruz.

Esta imaxe chegaría ao porto de Ferrol  nun barco procedente de Inglaterra en 1550 e sería comprada polo párroco de Neda, colocándoa despois no templo. No barco virían outras imaxes que irían para a catedral de Mondoñedo ou para Viveiro.

Conta  a lenda que a imaxe do Cristo chegou por mar e os veciños a colocaron no altar, pero esta volvía ao mar unha e outra vez, polo que decidiron atala cunha cadea, de aí o popular nome. Que as imaxes relixiosas chegaron por mar é un tema recorrente  en varios puntos da costa galega, algúns cronoloxicamente do mesmo período que o Cristo da Cadea; tamén é recorrente o tema de que as imaxes queiran volver ao lugar onde apareceron, mais non que as aten cunha cadea para que se queden.

A imaxe do crucificado é de madeira policromada e está colocada nun magnífico retablo barroco. A anatomía do Cristo e o pano que o cubre mostran certos paralelismos das miniaturas e marfiles ingleses. Sen embargo non se pode afirmar a ciencia certa que a súa procedencia sexa inglesa. Si que o seu estilo non entra no canon do local e do español da época, mostrando influencias que o colocan nunha estética internacional.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.5044734Lng : -8.1541708

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show