To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

MAGNOLIO DA RAÍÑA

MAGNOLIO DA RAÍÑA

Description


Antes de abandonar o territorio de Narón, e xunto á ponte de Xuvia, deixamos á esquerda unha das árbores máis singulares da comarca de Ferrol. É coñecida popularmente como Magnolio da Raíña. Está ao lado da estrada, cerca da ponte e fronte á última casa deste núcleo. Este é un exemplar centenario, hai quen di que ten  máis de cen anos, outros que pasa dos trescentos, e é de grandes dimensións. Segundo a tradición oral procede das illas Filipinas e sería traído por algún mariñeiro local.

Os magnolios son árbores presentes en moitos xardíns porque as súas flores son moi vistosas e olorosas.

Ao outro lado da estrada hai unha pequena praza cunha fonte. Desde aquí se accede a un paseo que vai polo lado dereito do río Xuvia, paseo bordeado de magnolios, aínda que máis novos que o Magnolio da Raíña. Este paseo empeza xunto ao edificio dun muíño, coñecido como Muíño de Xuvia ou Real Fábrica de Fariñas, de grandes dimensións e construído en 1775 por unha sociedade de dous socios franceses; tiña catro moas e foi tamén fábrica de papel e tecidos.

De volta á estrada o peregrino debe cruzar a ponte de Xuvia para seguir o camiño. Esta ponte ten unha orixe medieval e se pensa que a primeira construción era de madeira. A imaxe actual se debe ás reformas que se fixeron no ano 1831.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.5163535Lng : -8.1517194

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show