To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O EUCALIPTO EN GALICIA

O EUCALIPTO EN GALICIA

Description


O camiño entra aquí nun pequeno bosque de eucaliptos. Ao longo de todo o traxecto do camiño inglés encontraremos a presenza constante desta especie.

O eucalipto é unha árbore orixinaria de Australia e Tasmania. Está moi estendida a idea de que a Galicia chegou como un presente que o misioneiro Rosendo Salvado enviou, desde Australia e a mediados do século XIX, a súa familia de Tui. Pero este dato non puido ser confirmado documentalmente. Si hai constancia de que, cara a 1870, estaba plantado xa en algúns puntos de Galicia.

O seu aspecto é inconfundible. É unha árbore de tronco dereito e liso, que pode alcanzar grandes alturas, a súa folla é alongada e lanceolada. Medra rapidamente, require sitios onde non falte a auga e é sensible ás baixas temperaturas. A súa madeira é de mala calidade e, na actualidade, é usada principalmente para a obtención de pasta de papel.

En Galicia estendeuse especialmente pola zona costeira e por debaixo dos 500m. A variedade máis frecuente é a Eucalyptus globulus Labill. Actualmente calcúlase que a superficie de eucaliptos representa máis dun 12% de toda a superficie forestal galega.

A plantación desta especie ten os seus detractores e os seus defensores. Para os primeiros está o exceso de auga que extraen do solo e ser unha especie que arde facilmente; para os segundos, o seu rápido crecemento e a súa achega económica. Como planta medicinal se usa, entre outros, como anticatarral e anticonxestións.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 43.4997639Lng : -8.1727513

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show