Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DE XUVIA

MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DE XUVIA

Description


Está situado ao lado do mar e é coñecido como o mosteiro do Couto. Fálase dun posible cenobio de época xermánica sobre o que no século XII, e co mecenado da familia nobre dos Traba, se fundaría o mosteiro. Chegou a depender da abadía francesa de Cluny e, desde 1518, de San Martín de Valladolid.

O templo actual mantén boa parte da pegada románica e é dos máis importantes non só da zona de Ferrol, senón da provincia da Coruña. Ten planta de tres naves separadas por columnas con capiteis esculpidos, un deles cunha escena única de loita de cabaleiros. A cabeceira é tripla e destaca pola súa simetría e polos canzorros decorados, algúns con escenas eróticas. Ao longo do tempo ten sufrido diferentes reformas, algunhas motivadas por incendios, como o sufrido no 1337 que afectou ás dependencias monacais. O campanario e o pórtico son obras do século XVIII.

Era un lugar de importancia e prestixio, polo que era elixido pola nobreza da zona para seren enterrados no seu templo. No seu interior hai un sarcófago da familia Esquío, á que pertencía Fernand´Esquío, poeta da última escola de trobadores galaico-portuguesa de finais do século XIII.

Neste mosteiro fixo escala Frei Martín Sarmiento en 1745. Fóra do se adro hai un campo con plátanos de paseo, un cruceiro e unha imaxe relixiosa sobre un alto pedestal.

Technical Information

Lat, Lng
43.4977919-8.1751198
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 31/08/2017
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾