Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

PORTA DO ARSENAL

PORTA DO ARSENAL

Description

Esta é unha das portas que daban acceso ao Arsenal Militar, e coñecida como de Carlos III. Foi construída a mediados do século XVIII e reconstruída en 1857. As outras portas do Arsenal son a chamada do Dique e a do Parque. A Porta do Dique está coroada polo escudo do rei Carlos III e un reloxo, que marcaba o ritmo dos traballos no Arsenal, pero tamén marcou o ritmo da cidade.

A cidade de Ferrol adquire importancia coa súa designación como capital do Departamento Marítimo do Norte (1726) e a construción do Arsenal, que se realiza entre 1752 e 1770. O Arsenal tiña varias funcións relacionadas coa mariña de guerra, que ían desde a construción de barcos, a toda a loxística relacionados con eles e á defensa e control militar. Para a súa protección construíuse unha gran dársena, defendida por un potente espigón que se armou cunha batería de canóns. Por terra estaba rodeado por unha muralla e un foso que o separaban do resto da cidade. O foso  foi cegado a finais do século XIX.

A arquitectura do Arsenal atende á funcionalidade e á forma, resultando unha obra impoñente. O Arsenal quería mostrar o poderío da monarquía e era un símbolo da grandeza do Estado. Fronte ao Arsenal  levantouse o barrio da Madalena, trazado tamén por enxeñeiros militares.

Na actualidade dentro do Arsenal están as instalacións da empresa naval Navantia. O Arsenal foi declarado Ben de Interese Cultural e pode ser visitado. 

Technical Information

Lat, Lng
43.480102-8.2219413
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 11/12/2018
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾