To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

BARRIO DE FERROL VELLO

BARRIO DE FERROL VELLO

Description

Antes de entrar polo vello Ferrol, pode pasar, se non pasou xa, pola oficina de turismo que se atopa ás súas costas, no mesmo porto de Curuxeiras, onde lle ofrecerán todo tipo de información sobre a cidade de Ferrol e a súa comarca.

O Camiño Inglés empeza no porto de Curuxeiras, ao pé do barrio de Ferrol Vello. Este barrio é a orixe da cidade e está habitado desde os tempos da idade do Ferro. O barrio conserva a súa traza medieval, coas súas estreitas rúas adaptadas á orografía. Cando a cidade empezou medrar, nos tempos da Ilustración, Ferrol Vello deixou de ser o centro da urbe para ser unha barriada máis, a vinculada coa actividade mariñeira e portuaria. Foi declaro Ben de Interese Cultural o 10 de febreiro de 2011.

O Camiño pasa por unha das principais rúas do barrio de Ferrol Vello, a rúa Carmen Curuxeiras. Este nome non parece corresponder ao de ningunha muller en concreto. Máis ben tería relación coa xeografía do lugar, coa “altura” ou “pico” no que se asentou o barrio; tamén a que na súa orixe esta rúa sería un referente viario, un “quadrivium” ou “cruce de camiños”. Amais, era unha das portas do mar que tiña a cidade de Ferrol.

Xa saíndo do barrio o peregrino pasa por diante da fonte de San Roque, unha das mellores de Ferrol e construída, como tantas cousas nesta cidade, na segunda metade do século XVIII, en 1784. Ten o escudo antigo de Ferrol no que se ve un farol, o que levou á idea de que a orixe do topónimo da cidade viña de “farol”.

Technical information

Updated at : 11/12/2018
Lat : 43.4783211Lng : -8.243757

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show