Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Pedra Moura

Pedra Moura

Description

Para a sociedade rural tradicional galega os construtores dos dolmens eran uns seres míticos chamados mouros, que gardaban tesouros protexidos por encantos. Por ese motivo son tan frecuentes topónimos como Casa dos mouros, Pedra dos mouros  ou Pedra Moura...

A Pedra Moura conserva bastante ben a estrutura megalítica co seu dolmen de corredor parcialmente cuberto polo túmulo de terra. Este túmulo ou mámoa contaba tamén cunha coiraza pétrea que a recubría e que foi en parte alterada no ano 1989.

Consérvanse restos de pintura prehistórica vermella e negra sobre un revoco branco en polo menos 5 das laxes da cámara e corredor. Os pigmentos consérvanse bastante mal e practicamente non se identifican os motivos. Porén, puidéronse extraer mostras para identificar a composición e a pintura negra, ao ser de orixe orgánica, púidose empregar para realizar datacións mediante o C14.

Mostras similares de pintura negra foron recollidas por Fernando Carrera a finais da década de 1990 en Pedra Cuberta, Pedra da Lebre, Dombate e outros. Os resultados en xeral resultaron moi homoxéneos e para o caso concreto da Pedra Moura deron  unha data entre o 3960 e 3640 a. C. Isto parece demostrar que boa parte dos grandes dolmens de corredor deberon ser construídos a inicios do IV milenio a. C.

Nos últimos anos ademais téñense feito algunhas descubertas extraordinarias en Galicia. Unha delas foi a comprobación de que algunhas das tampas de cubrición de dolmens como Pedra Moura, Arca da Piosa, Pedra da Arca ou Dombate tiñan forma antropomorfa.

Technical Information

Lat, Lng
43.0813776-8.9778271
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 08/03/2019
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾