To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Os Padrós

Os Padrós

Description

Contaban os vellos do lugar que nos Padrós “un home se meteu nunha das tumbas que aí había, con forma de persoa, e despois cáseque non da saído”; unha anécdota tan real coma os seus protagonistas que inocentemente nos fala da existencia de enterramentos similares aos de San Vitor. Cóntase que foron destruídos canda extracción de pedra para a construción de panteóns no cemiterio de San Lourenzo.

Atopamos uns elevados e apuntados afloramentos graníticos, aos que alude o  topónimo (“pedrón” ou “padrón”). Rodeando os pedróns tanto pola súa parte alta como pola baixa divísase por primeira vez a elevada pena do San Vitor.

As vistas cara San Lourenzo e a ladeira do San Miguel non son menos fermosas, dominando a a unión do río Mao co Sil. Dícese que no San Miguel, no medio das actuais viñas, existía unha antiga aldea, coa súa capela e con sartegos “iguais caos do San Vitor”. As ruínas son hoxe inda visibles, e as referencias orais sitúanas na mesma contorna do Mao.

As sepulturas do Padróns situábanse na súa parte alta, mesmo ao pé do camiño actual. Nos traballos arqueolóxicos realizados en 2012 constatouse a existencia de cortes de cantería tradicional, confirmando as historias que falan da destrución dos sartegos. Que este aproveitamento da pedra non se extendera ao San Vitor débese a pésima calidade do seu aflroamento granito, o que serviu, paradoxalmente, para que se conservasen ata hoxe.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 42.3745293Lng : -7.5032168

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show