
Para quen pense que a praia e o monte están reñidas, Nigrán ten catro miradores cunhas perspectiva de auténtica postal: Os Mouros, Monteferro, Monte do Castro e Mirador dos Outeiros. Este último, que estás a pisar agora mesmo, é o de maior altitude, con máis de 400 metros sobre o nivel do mar. É o teito de Nigrán. A esa altitude e tan perto das praias confórmase unha panorámica do horizonte extraordinaria.
Dende este punto acádase unha vista da dimensión da costa de Nigrán e da ría de Vigo e as illas Cíes. Ó retomar o sendeiro circular, continuamos en dirección Oeste duante algo máis dun kilómetro polo parque forestal de Saiáns. Logo, un kilómetro aproximadamente cara o Sur, deixamos ó noso carón un depósito de auga e chegamos ó principio do roteiro.