Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Torre de Hércules

Torre de Hércules

Description

Picasso pintou a torre de Hércules ao óleo nunha táboa. Tamén a debuxou nun dos xornais manuais que fixo na Coruña para comunicarse, a modo de orixinal carta, cos seus familiares de Málaga: nese caso, presentouna sobre un prato e bautizouna como “Torre de caramelo”. Así é como a chamaba seu pai, en alusión á cor do granito que a reviste desde o século XVIII.

Eu creo que estaba predestinado a vivir en Coruña. O primeiro debuxo que fixen foi un Hércules cunha maza. Foi alí en Málaga e eu era moi cativo. Digo predestinado porque xa sabedes que o monumento principal de Coruña é a Torre de Hércules.

É o faro máis antigo do mundo entre todos os que seguen funcionando. É romano, pero a lenda conta que Hércules matou o xigante Xerión, enterrouno e sobre a súa tumba erixiu esta torre. Esta, Galicia, é unha terra de moitas lendas. E de meigas, que habelas, hainas.

A min encántame, por exemplo, a historia de Lady Hester Stanhope. O 16 de xaneiro de 1809, houbo nos arredores da cidade unha batalla. Nela mataron dun canonazo a Sir John Moore. Conta a lenda que a pantasma de Lady Hester Stanhope, que era a súa amante, se aparece todos os 16 de xaneiro ante a súa tumba, que está no xardín de San Carlos. Algún día irei a Gran Bretaña para indagar máis sobre a vida desta muller.

Falando de Gran Bretaña. Di outra lenda que, Ith, que era o fillo de Breogán, viu desde o alto da torre unha terra afastada e lanzouse á súa conquista. Esa terra era Irlanda.

Meu pai chama o faro “torre de caramelo”. É polo granito que a reviste desde o século XVIII. Así, coma se fose unha “torre de caramelo”, co seu prato e todo, debuxeina. E tamén a pintei nunha pequena táboa. Así, cando me vaia, terei un recordo dela para sempre.

Autores do texto:
Elena Pardo e Rubén Ventureira

 

Technical Information

Lat, Lng
43.3859571-8.4064953
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 24/01/2024
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾