Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Un día para a historia

Un día para a historia

Description

“La monumental ciudad de Compostela, la Roma de Occidente, verá con júbilo lucir el ansiado día en que la locomotora le acerque a uno de los mejores puertos de este antiguo Reino. Al esfuerzo de sus mejores hijos debe este acontecimiento e invita a Galicia entera para que venga a asociarse al regocijo que tributa gratitud a estas eminencias y celebra tal suceso.”

O bando do concello de Santiago de Compostela anunciaba o gran evento. Aínda que, realmente, ían ir celebrar a festa ao concello veciño, porque a estación era en Cornes, no municipio de Conxo. Algo do que se queixou a corporación municipal, aínda que anunciaba que logo chegaría o momento de ter unha estación máis próxima á cidade.

Queixas á parte, era un día histórico. O 15 de setembro de 1873, repicaban as campás, estoupaban os foguetes, os balcóns tiñan panos de cores, soaba a música da banda municipal e a dos artilleiros... Un globo aerostático sobrevoaba o público deixando caer panos estampados cunha locomotora de vapor e a reivindicación de ser o “Primeiro en Galicia.”

Na estación había catro locomotoras preparadas: a Montero Ríos, a Coruña, a Santiago e a Jerez (que despois se chamaría Pontevedra). Si, o presidente da compañía, Eugenio Montero Ríos, tivo a honra de que lle puxeran o seu nome a unha destas pioneiras locomotoras.

Na ilustración que estás a ver, recóllese o momento xusto da saída. Eran as doce menos cuarto do mediodía, cando o padre Palacios da catedral compostelá, bendicía o momento desde un altar montado para a ocasión. O vapor inunda a escena, ante multitude de curiosos que se amorean para asistir ao espectáculo.

Dúas locomotoras, a Montero Ríos e a Jerez, na primeira viaxe inaugural. Unhas 1.500 persoas participaron deste feito histórico, e as autoridades ían sendo saudadas con expectación ao longo de todo o percorrido até O Carril, onde son recibidas polas autoridades do concello arousán.

Máis dunha década despois, por fin chega o tren a Galicia.

 

Technical Information

Lat, Lng
42.6082668-8.7675513
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 27/10/2023
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾