Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

RÚA MAGDALENA, 171

RÚA MAGDALENA, 171

Description

Trátase dun edificio de vivendas que conserva moitos dos elementos característicos das primeiras construcións do barrio da Magdalena levantadas a partir do 1761.

Conta cunha fachada organizada en catro andares e tres eixes verticais de vans, que mantén unha perfecta simetría en todos os niveis, excepto na planta baixa onde hai unha porta lateral de acceso aos pisos superiores a través dunha escaleira e unha segunda entrada, o dobre de ancha, que adoitaba corresponderse cun establecemento artesanal ou comercial.

No primeiro andar, aparece outro dos elementos clásicos destas vivendas: un balcón voado percorrendo toda a fronte, apoiado sobre tres grandes ménsulas de pedra e rodeado por unha varanda de ferro de forxa. Por último, ocupando a segunda e terceira planta, no centro da fachada hai un miradoiro con piso e estrutura integramente de madeira sostido sobre escuadras metálicas. Os primeiros miradoiros, costureiros e galerías acristaladas (segundo a modalidade), que permitían ampliar a luz natural e o calor das casas, introducíronse a finais do século XVIII e acabaron por mudar completamente a fisionomía da cidade.

Outra característica que se repite sistematicamente é a fábrica dos muros realizada en cachotería revocada, pero deixando a mellor cantería de granito para as contornas de portas e fiestras e para os soportes do balcón.

 

Technical Information

Lat, Lng
43.4821034-8.2362162
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 15/02/2023
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾