
O Grupo Cerdeimar é a empresa máis antiga da Costa da Morte e unha das conserveiras máis veteranas de Galicia. Andrés Cerdeiras Pose, bisavó da actual xeración, fundou en 1884 Salgaduras Cerdeiras en Camelle, na época na que o peixe se salgaba en barrís para o seu posterior consumo invernal. En Camelle aínda se poden ver os restos das pías onde se realizaba o proceso.
Tras a súa instalación no núcleo urbano de Camariñas e varias ampliacións, as actuais naves ocupan 10.000 metros cadrados e dan traballo a unhas 160 persoas.
En 2015, Industrias Cerdeimar converterase na primeira empresa galega do sector conserveiro que dispón de museo propio. Trátase dun proxecto presentado ao GAC 3 Costa da Morte. O museo ocupará 320 metros cadrados, divididos en dúas grandes áreas: unha zona de exposición que incluirá tenda-museo; e un sala de degustación e taller de cociña. Situaríase nas primeiras oficinas que tivo a conserveira.
Este espazo expositivo recollerá a historia de Cerdeimar desde a súa posta en marcha a finais do S. XIX e afianzará o liderado da conserveira na rede de turismo industrial que está a crear a Deputación da Coruña.
AUDIO: Actividade da conserveira Grupo Cerdeimar