Already registered ? Log in
PODEROSA FORTIFICACIÓN

PODEROSA FORTIFICACIÓN


O Castro da Croa ou de Mourín, próximo á aldea do seu nome, está sito no Monte da Croa, rodeado polo río da Rega. Aínda no seu ruinoso estado actual aprécianse a súa forma circular e a súa poderosa fortificación.

Os castros eran recintos fortificados dos poboamentos da Idade de Ferro en Galicia situados, habitualmente, en lugares altos e de difícil acceso. Desde este alto era visible o castro da península que divide a praia de Area da Vila e Lingunde.

O Castro da Croa atópase profundamente alterado debido a dous camiños que se meten na coroa do castro, lugar no que se emprazaban as edificacións principais do poboado; así como polas continuas accións agrícolas que removeron os extremos sur e oeste do xacemento.

Technical information

Lat : 43.1434182Lng : -9.1862055
0 m
5 years

Lodgings nearby