A Ponte do Porto é un dos centros estratéxicos da comarca Terras de Soneira. A orixe deste núcleo urbano pode estar emparentada cunha posible vía romana per loca marítima, un lugar de paso de mercadorías da costa ao interior e viceversa, e lugar de refuxio da flota ante os temporais e incursións foráneas.
Débelle o nome á ponte de pedra que une os grupos de casas á beira do río Grande. Unha ponte de sillería con arcos peraltados e rebaixados, con contentas da altura dun home e con apartadoiros.
A finais do s. XVIII e principios do s. XIX, na Ponte do Porto xorden a maioría dos importadores de encaixe de Camariñas ás Américas, destacando Manuel Miñones e Norbeto Noya Mira. Outro sector destacado son os aserradoiros e os muíños privados e de maquía (utilizado por quendas) que podes visitar seguindo a Ruta dos muíños PR. G- 37 nos ríos Lamastredo e en Xaviña.
TOPOGUIA: turismocamarinas.net/sites/default/files/folletos_topoguias/topoguia_muinos.pdf
Na actualidade, as casas antigas de pedra ao carón de río son recordos doutros tempos. O Museo Etnográfico, que xurdiu dunha iniciativa privada e popular, é un reflexo das profesións e elementos que configuraban estas casas.
Se queres visitar o museo, cómpre concertar cita previa no teléfono 981 730 998.