
A praia de Coenda Longa é unha formación rochosa ou un coído de bolos, como se lle chama aquí; moi abundantes e típicos da paisaxe granítica de Camariñas. Fronte a este paraxe pétreo naufragou o mercante marroquí Banora en 1965, tamén coñecido como “o barco das laranxas”. En concreto, foron unhas 1.600 toneladas de cítricos os que acabaron neste lado da costa.
Contratado pola Sociedade Froiteira Marroquí (Sofruma), o Banora ía de Casablanca a Hamburgo. Desde Fisterra traía unha vía de auga que inundaba a sala de máquinas. Tiña solicitado os servizos dos remolcadores, pero á súa chegada só puideron certificar o afundimento. Foi grazas á rápida actuación dos mariñeiros que os seus 36 tripulantes se libraron de perecer naquel lugar.
Desde aquí podes continuar a túa visita cara ao faro Vilán, desde onde te poderás adentrarte na Rede Natura a través das rutas de sendeirismo.
VIDEO: Os naufraxios de Camariñas “Historias do mar”
VIDEO: A natureza de Camariñas “Mar natural”