Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

GARDIANA DE HOMES

GARDIANA DE HOMES

Description


Este lugar no que se levanta a ermida da Virxe do Monte (s. XVIII), o Monte Farelo, é un punto estratéxico próximo ao cabo Vilán.

Desde este promontorio (uns 60 metros) vese boa parte da costa, o faro e a ría que se abre ao mar. De fronte tes o santuario da Virxe da Barca, a cal, conta unha das moitas lendas, era irmá da Virxe do Monte, sendo que cada unha se instalou nun lado da ría para protexela.

Contan que a Virxe do Monte avisaba aos mariñeiros cando había tormenta para que non saísen ao mar. Estes, na súa honra, levantaron unha igrexa en Camariñas que foi destruída e, tempo despois, a imaxe apareceu neste monte. A súa romaría celébrase o Luns de Pascua.

Á Virxe pídenlle ou pedíanlle polos mariñeiros e polos mozos que ían ao servizo militar. Coa imaxe ás costas e engalanada de euros, a procesión dá tres voltas á ermida. Antigamente, os fieis tamén peregrinaban de xeonllos e incluso o día anterior, quedando a pasar a noite. No interior, ademais da velas acendidas polos ausentes verás exvotos de barcos.

Nos días de temporal, as mulleres dos mariñeiros viñan ata aquí para cumprir co rito de “virar a tella” segundo o cal, mudando a dirección dunha delas tamén o facía o vento. Así, os homes tiñan boas xornadas e volvían á casa sans e salvos.

Technical Information

Lat, Lng
43.1315436-9.203785
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 18/08/2016
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾